Skip to main content

O Ministerio de Ciencia e Innovación inicia na USC as reunións para informar da 'Estrategia Universidad 2015'

A ministra Cristina Garmendia presenta, xunto co secretario de Estado de Universidades, a iniciativa na Casa de Europa

A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, iniciará este xoves 23 na Universidade de Santiago a rolda de visitas a institucións universitarias de toda España para presentar a iniciativa ‘Estrategia Universidad 2015’. Trátase de informar aos consellos de goberno universitarios e recoller as achegas dos distintos colectivos.
Na presentación, a partir das 15:30 horas na Casa de Europa (Finca Vista Alegre. R/ Galeras, s/n), intervirán a propia ministra, o reitor Senén Barro, e o secretario de Estado de Universidades, Màrius Rubiralta, para dar paso seguidamente a un debate con todos os asistentes.
Estrategia Universidad 2015‘Estrategia Universidad 2015’ é unha iniciativa do Goberno español encamiñada á modernización das universidades a través da promoción da excelencia docente e científica, a internacionalización do sistema universitario e a súa implicación no cambio económico baseado no coñecemento e na mellora da innovación.
A estratexia, que ten como punto de partida a adaptación da Universidade española ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), ten como horizonte o ano 2015.

The contents of this page were updated on 10.22.2008.