Skip to main content

Presentación dos resultados da primeira fase do proxecto 'As bibliotecas de centro como espazos para a interculturalidade

Recoñecer a diversidade lingüística e cultural do mundo e do contorno xeográfico máis inmediato a través de actividades realizadas en bibliotecas de centros escolares foi o obxectivo da primeira fase dun proxecto que un equipo multidisciplinario de investigadores da USC desenvolveu ao longo deste ano.
As características do proxecto ‘As bibliotecas de centro como espazos para a interculturalidade’ e as principais conclusións obtidas presentaranse este mércores 22 nunha rolda de prensa na que intervirán o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; a profesora da USC Luz Zas Varela, en presentación das investigadoras do proxecto; o director do CEIP, Uxío Leira; o director de estudos do CEIP de Vite, Alfonso Louzao; e María Sampedro, en representación dos estudantes universitarios que colaboraron no proxecto. A presentación desenvolverase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Este proxecto de cooperación cultural sobre a diversidade lingüística e competencia cultural desenvolveuse nos centros de ensino infantil e primario de Vite e no Raíña Fabiola nos meses de febreiro e marzo. As distintas actividades organizadas nas bibliotecas destes centros dirixíanse aos alumnado de 5º e 6º de Primaria.

The contents of this page were updated on 10.21.2008.