Skip to main content

O profesor do Boston College Amir Hoveyda imparte unha serie de conferencias na Facultade de Química da USC

O profesor do Boston College de Estados Unidos Amir Hoveyda impartirá a vindeira semana unha serie de conferencias dentro do programa de actividades formativas titorizadas do Departamento de Química Orgánica da USC.
A primeira das intervencións será o luns 20 para falar sobre ‘N-Heterocyclic Carbenes: An exciting new frontier in asymmetryc catalysis’. Ao día seguinte, o profesor Hoveyda referirase a ‘Development of new methods and catalysis inspired by the chemistry of silicon’. Estas dúas sesións celebraranse na Aula Magna da Facultade de Química.
A estadía na USC de Amir Hoveyda rematará o mércores 22 na Aula 2.14 do mesmo centro cunha sesión dedicada ao tema ‘A new class of catalysts for enantioselective olefin metathesis’. Todas as intervencións, financiadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación, darán comezo ás 12:00 horas.

The contents of this page were updated on 10.17.2008.