Skip to main content

O catedrático da USC Luis Castedo, doutor honoris causa pola Universidade do País Vasco

Luis Castedo, doutor `honoris causa´ pola Universidade do País Vasco
Luis Castedo, doutor `honoris causa´ pola Universidade do País Vasco

O catedrático de Química Orgánica da Universidade de Compostela, Luis Castedo, vén de ser nomeado doutor honoris causa pola Universidade do País Vasco (UPV). O Departamento de Química da Facultade de Ciencias de dita institución académica realizou a proposta que onte foi aprobada por unanimidade polo Consello de Goberno.
Con máis de 45 anos de experiencia docente na Universidade de Santiago, Luis Castedo tamén foi catedrático da Universidade do País Vasco dende 1972. Comezou a súa carreira investigando cuestións de química das substancias naturais e, na actualidade, conta con máis de 440 artigos en revistas especializadas con censor dos cales 139 foron publicados nos últimos dez anos.
Este recoñecido experto é membro do consello editor de publicacións como European Journal of Organic Chemistry, Current Organic Chemistry, Letters of Organic Chemistry, Current Organic Synthesis, ARKIVOC, Natural Products Research e The Open Organic Journal. Asemade, forma parte da Royal Society of Chemistry, a American Chemistry Society e a Real Sociedade Española de Química, ademais de ser avaliador de proxectos científicos nacionais e internacionais.

The contents of this page were updated on 10.17.2008.