A USC participa nunha xornada en Xaén sobre responsabilidade social nas Universidades
A USC participa este xoves en Úbeda (Xaén) na I Xornada Iberoamericana sobre a Responsabilidade Social das Universidades, que organizan conxuntamente a UNED e a Fundación Mapfre coa colaboración da Fundación Carolina e da Xunta de Andalucía. Ao encontro asisten outras universidades españolas como a Jaume I, Politécnica de Madrid, Granada, Cádiz e Zaragoza, e americanas como as de Talca (Chile) e a de Bos Aires.
A coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación, Dora Blanco, falará no seu relatorio sobre a dimensión ambiental do modelo de responsabilidade social nas universidades.
Este encontro pretende ser un foro de debate sobre as implicacións da responsabilidade social no ámbito universitario, así como servir de punto de partida para a creación dunha rede de investigación universitaria sobre esta materia.