Skip to main content

Curso de cartografía na USC

A área de Deportes da Vicerreitoría de Cultura organiza esta semana un curso de cartografía básica que se desenvolverá en horario de tarde na Sala de Xuntas da piscina Universitaria entre os días 28 e 30 de outubro.
Os interesados en asistir ao curso deberán estar en posesión do cartón deportivo, que ten unha vixencia dun curso académico e cuxo prezo oscila entre os 0 e os 5 euros, en función da categoría.

The contents of this page were updated on 10.27.2008.