O reitor Senén Barro explicou en Chile o modelo europeo de Universidades no marco de Bolonia
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, atópase estes días en Chile participando como relator na XIV Xornada de Planificación Estratéxica que organiza a Universidade Católica.
O reitor foi o primeiro en intervir na xornada, que inaugurou na cidade chilena de Marbella o reitor Pedro Rosso, cun relatorio sobre o modelo europeo universitario no marco do acordo de Bolonia.
Ao reitor Barro, que interveu nun panel sobre o a formación no pregrao, seguíronlle outros relatorios sobre a importancia da interdisciplina no posgrao ou a terceira misión das universidades.