Skip to main content

Defensa de dúas teses de doutoramento en Bioloxía e Veterinaria

O doutorando Ananias Pascoal, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, defenderá este venres, día 31, a partir das 11:00 horas na Sala de Xuntas Veterinaria de Lugo, a súa tese de doutoramento ‘Definición de marcadores moleculares específicos en especies de langostinos de interese comercial para o sector pesqueiro e acuícola’. Dirixiron o traballo Jorge Barros Velázquez, Alberto Cepeda Saez e María del Pilar Calo Mata.
Pola súa banda, ás 11:30 horas no salón de graos da Facultade de Bioloxía, Rubén Mallón dará lectura ao seu traballo doutoral ‘Aplicación de técnicas biotecnolóxicas á conservación de xermoplasma de especies de interese conservacionista: Splachnum ampullaceum Hedw. e Centaurea ultreiae Silva Pando’. Foron directores da tese M Luz Gonzalez Caamaño e Juan Jose M Rodriguez Oubiña.

The contents of this page were updated on 10.30.2008.