Skip to main content

Os decanos de Odontoloxía debateron na USC sobre os novos planos de estudos

Decanos de Odontoloxía de toda España reuníronse na USC para debater sobre os novos plans de estudos
Decanos de Odontoloxía de toda España reuníronse na USC para debater sobre os novos plans de estudos

Con motivo dos actos de celebración dos 25 anos dos estudos de Estomatoloxía e Odontoloxía na USC, a Facultade de Medicina e Odontoloxía acolleu este venres a Conferencia Nacional de Decanos desta titulación. Destinada a tratar a implantación dos novos plans de estudos, a xornada inaugurouse na Sala de Profesores nun acto presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo.
Formación docenteCoincidindo con este encontro, a Facultade organizou no Salón de Actos a xornada ‘Os novos plans de estudos de grao: Odontoloxía. Unha visión interuniversitaria’ enmarcada no programa de Formación e Innovación Docente e dirixida ao profesorado e comisión redactora do novo plan de estudos do grao de Odontoloxía da USC.
A xornada comezou cunha intervención do profesor Celso Rodríguez que ofreceu unha visión xeral da cuestión, para continuar cunha charla de Pedro Diz e Inmaculada Tomas sobre posibles deseños alternativos do plan desta titulación.
Xa pola tarde desenvólvese unha mesa redonda co fin de ofrecer unha visión interuniversitaria e na que participan decanos das universidades Complutense e Europea de Madrid, Oviedo, Porto (Portugal) e a presidenta de Asociación Nacional de Estudantes de Odontoloxía.

The contents of this page were updated on 06.26.2008.