Skip to main content

O profesor de Lugo Claudio Rodríguez Fer presenta o próximo martes o seu libro sobre o poeta José Ángel Valente

O profesor da USC no Campus de Lugo Claudio Rodríguez Fer presentará este martes 14, ás 20:00 horas, o seu libro ‘Valente: el fulgor y las tinieblas’, que inclúe un total de doce traballos sobre a figura e a obra do poeta José Ángel Valente, coordinados por este humanista lugués.
No acto de presentación, que se celebrarán na Galería Sargadelos, estará tamén o decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga, en representación da editorial, Axac.
Os estudos recollidos neste libro, que ten 189 páxinas, pertencen aos mexicanos Luis Vicente de Aguinaga e Eduardo Milán e aos lucenses Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, María Lopo e Manuel Fernández Rodríguez, ademais de Fatiha Benlabbah (de Marrocos), Juan Goytisolo (afincado en Marrakech), Bernard Noël (de París), Frank Savelsberg (de Berlín), Arthur Terry (de Essex) e María Zambrano (falecida en Madrid e Premio Príncipe de Asturias en 1981).
O poeta ourensán José Ángel Valente faleceu en Xenebra no ano 2000 deixando no seu haber distincións tan importantes como o Premio Adonais en 1954, o Príncipe de Asturias en 1988, o Reina Sofía en 1993, o Premio da Crítica en 1960 e 1980 e o Premio Nacional de Literatura recibido a título póstumo o mesmo ano do seu falecemento.

The contents of this page were updated on 10.08.2008.