Skip to main content

A astronomía achégase de novo á comunidade universitaria

A inscrición na 12ª edición do Programa de Extensión Cultural do Observatorio Astronómico da USC realizarase o vindeiro luns, día 20

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza a 12ª edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) que engloba actividades ao longo do curso académico 2008-2009. Dirixido a toda a comunidade universitaria, a iniciativa pretende achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e accesible.
A inscrición realizarase durante a xornada do luns, día 20, a partir das 12:00 horas a través da rede ou no Observatorio ás 20:00 horas. En total, o programa suma 400 prazas das que 200 se ofertan soamente por internet e as restantes a través da matrícula presencial.
O PECAS, que naceu para facilitar no pasado o uso dos telescopios da USC, conta na actualidade con actividades como obradoiros, charlas de astronomía, uso de material especializado, sesións de observación nocturna e información bibliográfica.

The contents of this page were updated on 10.16.2008.