Expertos debaten na USC sobre a creación dun colisionador de partículas máis grande que o LHC
Co fin de achegar propostas para a creación dun colisionador de partículas máis grande que o LHC, o denominado Colisionador Lineal Internacional, os grupos de investigación españois que traballan no CERN, en Xenebra, participan este xoves e venres nunhas xornadas da USC.
O encontro inaugúrase a partir das 16:00 horas no Salón de Actos da Escola de Óptica e Optometría cun acto no que intervirá o catedrático da USC Carlos Pajares, en calidade de delegado do CERN en España.
No transcurso das sesións achegaranse novas propostas para o deseño do Colisionador Lineal Internacional, posible localización, enerxía a empregar ou as tecnoloxías axeitadas, entre outras moitas cuestións. Para resolver todas estas dúbidas, o profesor da USC e coordinador do congreso Bernardo Adeva indica que “hai que agardar aos descubrimentos a obter no LHC”.
As xornadas organízaas o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías xunto co Grupo de Altas Enerxías do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago.