Skip to main content

A USC e Down Galicia asinarán un convenio para o desenvolvemento conxunto do Programa de Emprego con Apoio

O reitor da USC, Senén Barro, e o presidente da Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia), Delmiro Prieto González, asinarán este xoves 16 un convenio para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a favorecer a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade intelectual. A sinatura celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas.
Ademais, ao abeiro desta acordo, os beneficiarios do Proxecto de Emprego con Apoio que desenvolve Down Galicia poderán participar nos programas de voluntariado da USC e colaborar en seminarios e xornadas que desenvolva a Universidade.

The contents of this page were updated on 10.15.2008.