Skip to main content

A Residencia Monte da Condesa inicia as súas actividades culturais para o curso 2008-2009 cunha conferencia do reitor

A Residencia Universitaria Monte da Condesa iniciará o vindeiro martes 30 a súa programación de actividades correspondentes ao período lectivo 2008-2009 cunha conferencia do reitor compostelán, Senén Barro.
Barro, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, falará sobre ‘As tecnoloxías da información na educación superior’, a partir das 21:30 horas na sala de cafés-coloquios da residencia.

The contents of this page were updated on 09.26.2008.