Skip to main content

A Universidade de Santiago concédelle a Insignia de Ouro a Stephen Hawking

O científico presenta os libros La clave secreta del universo. Una maravillosa aventura por el cosmos e Brevísima historia del tiempo no IES Rosalía de castro

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, informou hoxe ao Consello de Goberno da concesión da Insignia de Ouro da institución docente ao científico Stephen Hawking, que se atopa estes días na cidade para recoller o Premio Fonseca na súa primeira edición.
Esta distinción seralle entregada na mañá do sábado 27 na recepción prevista polo equipo de goberno universitario, encabezado polo propio reitor, que terá lugar ás 12:30 horas no Colexio de San Xerome.
La clave secreta del universoFisterra foi o lugar escollido por Stephen Hawking para pasar o día de hoxe antes de volver participar nun acto público como o que terá lugar este venres, día 26, no Instituto Rosalía de Castro (Rúa San Clemente, 3).
Alí, a partir das 18:30 horas, o científico británico presentará por primeira vez en España, xunto coa súa filla Lucy Hawking, o seu último libro La clave secreta del universo. Una maravillosa aventura por el cosmos (Montena). Nese mesmo acto darán a coñecer tamén Brevísima historia del tiempo (Editorial Crítica) que xa fora presentado no 25 aniversario dos Premios Príncipe de Asturias.
No acto literario participarán a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria,Laura Sánchez Piñón; o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; o director do Programa Conciencia da USC, Jorge Mira; o catedrático de Historia da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid e Membro da RAE, José Manuel Sánchez Ron, actual director das coleccións científicas da editorial Crítica; e Teresa Petit, directora literaria da editorial Montena.

The contents of this page were updated on 09.25.2008.