Skip to main content

Nova edición do Seminario de Planificación Empresarial para emprendedores universitarios

O prazo de inscrición manterase aberto ata o venres 12

Uninova, en colaboración co Bic Galicia, organiza unha nova edición do Seminario de Planificación Empresarial dirixido a emprendedores universitarios que precisen coñecer a viabilidade da súa idea. O prazo de inscrición manterase aberto ata este venres, día 12.
Ao longo de sete sesións presenciais trataranse os conceptos necesarios para a elaboración do Plan de Empresa de cada un dos proxectos participantes. Esta ferramenta resulta imprescindible á hora de responder a cuestións como os clientes potenciais, o financiamento ou o produto a vender. Paralelamente á creación do Plan, un titor prestará o asesoramento necesario para cada proxecto, ofrecendo axuda personalizada.
As clases terán lugar a partir do 7 de novembro, de 16:00 a 21:00 horas, na Aula de Formación da Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Para máis información e inscrición, as persoas interesadas poden contactar con Uninova no teléfono 981 519600 ou no enderezo de correo electrónico info [at] uninova.org (info[at]uninova[dot]org).

The contents of this page were updated on 09.08.2008.