Skip to main content

Stephen Hawking chega este luns a Santiago

O científico británico Stephen Hawking inicia este luns 22 a súa visita a Santiago de Compostela, onde o sábado 27 recollerá o Premio Fonseca 2008 concedido polo Programa Conciencia que apoian conxuntamente a Universidade e o Consorcio de Santiago.
O programa de actividades do profesor Hawking dará comenzo na tarde do luns 22 ás 16:30 horas no Parque de San Lázaro (ao lado do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia) onde descubrirá unha placa conmemorativa nun acto no que estará acompañado do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e do director do Programa ConCiencia, o profesor da USC Jorge Mira.
A continuación, ás 17:45 horas, chegará á Praza do Obradoiro tras realizar un percorrido simbólico do Camiño de Santiago desde o Convento de San Francisco. Á súa chegada á praza será recibido de novo polo alcalde, que lle entregará un pergamiño que lle acredita como Visitante Ilustre. Xa ás 18:00 horas iniciarán unha visita á catedral de Santiago.

The contents of this page were updated on 09.19.2008.