Skip to main content

Presentación en San Xerome do libro La conciencia viviente, do profesor de orixe galega na UNAM José Luis Díaz

A obra aborda a relación da conciencia coa actividade cerebral e corporal

La conciencia viviente é o título do libro que este martes 23 presentará na USC José Luis Díaz, profesor de orixe galega na Universidade Nacional Autónoma de México, nun acto que presidirán os vicerreitores de Relacións Institucionais e de Cultura, Lourenzo Fernández e Elias Torres. Na sesión, que comezará ás 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, participarán tamén os profesores da USC Carlos Acuña e Juan Vázquez.
Esta obra ofrece unha ampla panorámica do estado da conciencia dende tres puntos de vista complementarios, como son o filosófico, o fenomenolóxico e o neurocientífico. Ao longo dos 16 capítulos que a conforman, José L. Díaz aborda o problema da relación da conciencia coa actividade cerebral e corporal, o establecemento dun modelo axeitado para a súa mellor compresión e o seu estudo empírico.
José L. Díaz realiza estes días unha estadía como profesor visitante no Departamento de Psicoloxía e Psicobioloxía da USC impartindo un ciclo de conferencias titulado ‘A conciencia reavivada: aproximacións transdisciplinarias ao problema mente-cerebro’.

The contents of this page were updated on 09.22.2008.