Skip to main content

Presentación de dous novos títulos da colección 'Clásicos do Pensamento Universal'

Teeteto ou do coñecemento de Platón e Conferencias de introdución á psicoanálise de Sigmund Freud contarán dende este xoves coa súa edición en galego

A colección ‘Clásicos do Pensamento Universal’ de traducións ao galego que a USC coedita dende 2002 coa Fundación BBVA incorpora obras de Platón e Sigmund Freud ao seu abano de títulos. Os dous novos títulos da colección, Teeteto ou do coñecemento e Conferencias de introdución á psicoanálise presentaranse este xoves 18 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome ás 11:00 horas.
Na presentación intervirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e o director de Proxectos e Comunicación da Fundación BBVA, Javier Fernández Carvajal. Estarán presentes ademais Teresa Amado e Carlos Baliñas, como tradutora e prologuista da obra do filósofo, María Jose Noya pola edición da obra de Freud, e a directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Marisa Melón.
A colección Clásicos do Pensamento Universal componse de coidadas traducións á lingua galega, realizadas por especialistas da Universidade de Santiago, de obras que conforman o pensamento científico humano no seu senso máis universal.

The contents of this page were updated on 12.17.2008.