Skip to main content

O presidente da Sala do Penal e o fiscal xefe da Audiencia Nacional disertarán en Santiago sobre a resposta xudicial diante do terrorismo e do crime organizado

O presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional, Javier Gómez Bermúdez, e o fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza Aguado, interveñen este xoves 18 na xornada ‘A resposta xudicial diante do terrorismo e do crime organizado” que organiza a Escola de Práctica Xurídica da USC (EPX) coa colaboración do Colexio de Avogados de Santiago e o patrocinio da Dirección Xeral de Xustiza. Tanto Javier Gómez como Javier Zaragoza posúen unha dilatada experiencia neste eido, ao ter participado no xuízo de casos tan destacados como o do 11M.
A sesión diríxese aos avogados colexiados e demais profesionais do Dereito, así como aos alumnos da EPX e da licenciatura en Dereito. A asistencia é gratuíta e a inscrición aínda se pode formalizar nas instalacións do Colexio de Avogados ou na EPX ata o mesmo xoves ás 14:00 horas. A xornada desenvolverase na sede do Colexio (r/ Eduardo Pondal, 4) a partir das 19:30 horas.

The contents of this page were updated on 12.17.2008.