Skip to main content

Preséntase en Fonseca un proxecto gastronómico, turístico e cultural para a cidade de Santiago

Elaborouno un equipo dirixido polo profesor da USC Xavier Castro

O profesor do Departamento de Historia Contemporánea Xavier Castro presentará este mércores 17, xunto ao director xeral de Turismo, Rubén Lois, o informe resultante dun proxecto gastronómico, turístico e cultural para a cidade de Santiago. A presentación será ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
O proxecto que dirixiu o profesor Castro achega un conxunto de propostas e suxestións que resultarán de utilidade aos responsables oficiais para o artellamento dunha renovada política turística, de carácter gastronómico e cultural, na cidade de Santiago. Asemade, servirá de guieiro orientador para os axentes directamente implicados tales como restauradores e emprendedores locais, que serán os primeiros beneficiarios da renovación do panorama gastroturístico.

The contents of this page were updated on 12.16.2008.