Skip to main content

Vigalicia e Foro Vida Independente apoian a Marcha pola visibilidade dos dereitos humanos

Presentarán as súas reivindicacións á vez que farán balance da colaboración coa USC

O vindeiro 13 de setembro a cidade de Madrid acollerá a Marcha pola Visibilidade polos Dereitos Humanos, en demanda dunha igualdade de oportunidades real das persoas con diversidade funcional.
As asociacións Vigalicia e a sección galega de Foro Vida Independiente, coas que colabora de maneira moi activa a Universidade de Santiago, queren sumarse a esta marcha reivindicativa en pro da superación dos obstáculos que lles impiden levar una vida independente e plenamente digna.
Deste xeito, este martes 2 de setembro, ás 11:30 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Casas Reais, nº 8), o responsable de Vigalicia, José Antonio Novoa, e o delegado da European Network of Independent Living (ENIL), Juan José Marañá, ofrecerán unha rolda de prensa en apoio da marcha.
Así mesmo presentarán, xunto co coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, Javier F. Agrafojo, as actividades realizadas en colaboración coa institución docente.

The contents of this page were updated on 09.01.2008.