Skip to main content

A USC e a Cooperativa de Ensino Superior Politécnico e Universitario de Portugal colaborarán no eido das Ciencias da Saúde

Antonio Almeida-Dias e Senén Barro asinaron o convenio no despacho reitoral en San Xerome
Antonio Almeida-Dias e Senén Barro asinaron o convenio no despacho reitoral en San Xerome

A Universidade de Santiago colaborará coa Cooperativa de Ensino Superior Politécnico e Universitário, CRL (CESPU) de Portugal no desenvolvemento de diferentes accións formativas e de investigación no eido das Ciencias da Saúde. A colaboración formalizouse este luns 28 en San Xerome, nun acto no que estiveron presentes o reitor da USC, Senén Barro, e o presidente de CESPU, Antonio Almeida-Dias, acompañados polo profesor Manuel Freire Garabal.
Este acordo marco terá unha vixencia de seis anos e para o seu desenvolvemento asinaranse proxectos específicos para cada unha das iniciativas que se decidan acometer.

The contents of this page were updated on 07.28.2008.