Presentación do 'Entre Lusco e Fusco' e a ruta 'Pegadas no Camiño Primitivo' de Lugo Cultural
O Convenio Lugo Cultural, conformado por cinco institucións lideradas pola Universidade de Santiago de Compostela, celebrarán nos meses de verán un total de cinco concertos ao amparo dunha nova edición do programa ‘Entre Lusco e Fusco’.
A presentación destes concertos e da ruta ‘Pegadas do Camiño Primitivo’ terá lugar este xoves 3, ás 11:15 no anfiteatro aberto do Parque Rosalía de Castro. Asistirán o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez. Estará amenizada pola actuación do grupo Odaiko.