Skip to main content

O curso de verán que a USC celebra en Bertamiráns analiza os problemas do crecemento urbano

CURSOS DE VERÁN DA USC 2008

A rápida urbanización tense convertido nun dos maiores retos aos que teñen que facer fronte os distintos países. Ofrecer, ademais dunha visión xeral dende o punto de vista internacional, todo un conxunto de debates sobre os problemas que xera a urbanización será o obxectivo do curso de verán ‘Os problemas do crecemento urbano’. O encontro celebrarase os días 4 e 5 de setembro no Pazo da Peregrina en Bertamiráns baixo a dirección do profesor Luis Caramés.
Dende a mobilidade ata o urbanismo, pasando polo transporte, a segregación social a relación entre crecemento urbano e medio ambiente ou o planeamento urbanístico son algúns dos temas nos que se afondarán das dúas xornadas de debate.
As intervencións programadas correrán a cargo de especialistas procedentes das universidades de Cantabria, Illas Baleares, Federal de Paraná, Autónoma de Madrid, Politécnica de Catalunya e da propia USC, así como de representantes da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona e profesionais do sector.

The contents of this page were updated on 07.01.2008.