Skip to main content

Axentes implicados no novo Estatuto Fiscal dos Traballadores Autónomos debaten na USC

CURSOS DE VERÁN DA USC 2008

Un curso de verán da USC fomenta o debate entre os distintos axentes implicados no novo panorama para os traballadores autónomos coa elaboración do Estatuto. As sesións académicas, que suman un total de 30 horas lectivas, desenvolveranse na Facultade de Dereito do 15 ao 18 de xullo baixo a dirección de César García Novoa. Ademais, contan co cofinanciamento da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos.
Para profundar no Estatuto Fiscal dos Traballadores Autónomos, haberá exposicións monográficas por parte de expertos do ámbito tributario sobre os aspectos xurídicos máis influentes da regulación e ofrecerase unha dobre perspectiva en canto á organización destes traballadores. Xunto con esta visión máis universitaria, tamén se examinará a normativa segundo as organizacións sindicais e políticas.
En xeral, nas xornadas trataranse cuestións como a incidencia da forma social na fiscalidade, o réxime de estimación obxectiva no IRPF, os beneficios fiscais aplicables aos traballadores autónomos, as súas obrigas tributarias formais ou a situación en Portugal.

The contents of this page were updated on 07.03.2008.