Skip to main content

Sinatura dunha convenio entre a USC e o Consorcio de Santiago para o acondicionamento do río Sarela no tramo do Xardín Botánico

O reitor da USC, Senén Barro, e o presidente do Consorcio de Santiago, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo, asinarán este martes 8 un convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións. O acto protocolario de sinatura celebrarase ás 11:45 horas na sede do Consorcio.
Por este acordo, o Consorcio colaborará coa Universidade de Santiago no financiamento das obras de acondicionamento das ribeiras do río Sarela no tramo do Xardín Botánico.

The contents of this page were updated on 07.07.2008.