Ernie Giglione, un dos máis reputados expertos no eido do e-learning, impartiu unha charla no Departamento de Electrónica e Computación da USC
O investigador australiano Ernie Giglione, un dos máis reputados expertos no eido do e-learning e máis concretamente no desenvolvemento de sistemas de xestión de aprendizaxe, realizou este luns 7 unha visita ao Departamento de Electrónica e Computación da USC.
Convidado polo Grupo de Sistemas Intelixentes da USC (http://www.gsi.dec.usc.es), Ernie Giglione impartiu unha charla sobre as novas capacidades do sistema LAMS (Learning Activities Management System) e sobre cómo este ferramenta pode usarse para facilitar a impartición e seguimento de clases, aspectos de claro interese no contexto actual de adaptación dos graos ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Giglione é o responsable de LAMS, un dos sistemas máis usados para a aprendizaxe a distancia, baseado en open source, que compite no ámbito internacional coas grande plataformas como Moodle e Sakai.