Skip to main content

Sesión académica de entrega de diplomas á promoción 2006-08 da Escola de Práctica Xurídica

A promoción 2006-08 da Escola de Práctica Xurídica da USC asiste este xoves 10, ás 20:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, ao acto de entrega de diplomas. Intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais, o director da Escola, o decano da Facultade de Dereito e os decanos dos Colexios de Avogados de Sabadell e de Santiago de Compostela.
No transcurso da sesión entregaranse os diplomas e certificados de aptitude profesional aos licenciados que superaron o XXII Programa de Formación en Práctica Xurídica así como un obsequio de agradecemento ao Colexio de Avogados de Sabadell por parte do de Santiago.
Tamén entregaranse a destacados bufetes de avogados e de procuradores da cidade os diplomas de despacho colaborador da Escola e bonos para a adquisición de obras xurídicas, ademais dos diplomas de titores do Prácticum externo da Licenciatura en Dereito da USC aos despachos colaboradores.
Ao acto académico está prevista a asistencia de destacadas autoridades políticas, xudiciais e académicas da Comunidade Autónoma, así como unha nutrida representación da avogacía e procuradoría galega e compostelá.

The contents of this page were updated on 07.10.2008.