As súas Maxestades os Reis Magos achegáronse este venres á Escola Infantil Breogán da USC

As súas Maxestades os Reis Magos adiantaron a súa chegada a Compostela para achegarse ata a Escola Infantil Breogán da USC onde os ‘universitarios’ máis novos puideron gozar da súa presenza.
Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa visita para repartir diversos agasallos e recoller a correspondencia dos máis cativos para a noite de Reis.