Skip to main content

Toma de posesión do decano de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez

O catedrático Jaime Gómez Márquez tomará posesión este martes, día 13, como decano da Facultade de Bioloxía da USC, cargo que xa ocupaba estes últimos catro anos. O acto, presidido polo reitor compostelán, Senén Barro, terá lugar ás 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Jaime Gómez foi reelexido decano nunhas eleccións celebradas o pasado mes de outubro cunha candidatura na que lle acompañan as profesoras M.ª Luz González Caamaño e Ana M.ª Viñas Díaz como vicedecanas, e o profesor Javier Iglesias Piñeiro como secretario.
Jaime Gómez MázquezJaime Gómez Márquez estudou Bioloxía na USC, onde realizou a súa tese de doutoramento sobre a bioloxía molecular da Timosina. Durante unha estadía posdoutoral (1981-1984) no Laboratorio de Medicina Oral do National Institutes of Health (Bethesda, Maryland, USA) investigou sobre os mecanismos moleculares da latencia do virus Herpes simplex tipo 1 (HSV-1) e a relación entre o HSV-1 e o oncoxén humano ras. Dende o seu retorno á USC a finais de 1984, foi pioneiro en Galicia en aplicar as técnicas de Enxeñaría Xenética á investigación en Bioloxía Molecular. Na actualidade é catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular adscrito á Facultade de Bioloxía e investiga sobre os minisatélites do xenoma humano.

The contents of this page were updated on 03.12.2007.