Skip to main content

A Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo celebra o Día da Árbore coa plantación de especies autóctonas

A Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo celebra este mércores, día 21, o Día da Árbore con varias actividades entre as que se atopa a plantación de especies autóctonas no futuro parque municipal das Gándaras.
Esta iniciativa, aberta tanto aos membros da comunidade universitaria como á cidadanía de Lugo, comezará ás 17:00 horas coa saída en autocar dende a Escola ata o barrio das Gándaras. Posteriormente os profesores Uxío Otero, Ramón López e Francisco Candía falarán da celebración do Día da Árbore e a súa historia na educación así coma o seu significado educativo e ambiental na actualidade. Ás 18:00 horas comezará a plantación no parque, permitíndoselle aos participantes levar as súas propias árbores. Nesta iniciativa da Escola Formación do Profesorado colabora a Concellería de Medio Ambiente da cidade de Lugo.

The contents of this page were updated on 03.20.2007.