Skip to main content

O profesor Francisco Sineiro García analizará en Lugo as causas dos incendios forestais no segundo relatorio do ciclo 'O lume, unha ollada diferente'

O profesor de Economía Aplicada da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo Francisco Sineiro García analizará este xoves, día 22, ás 20:00 horas no Salón de Graos da Escola de Formación do Profesorado de Lugo as causas estruturais dos incendios forestais.
Esta conferencia enmárcase dentro do ciclo ‘O lume, unha ollada diferente. Causas estruturais, prevención e control’ que está organizado pola Vicerreitoría de Coordinación do Campus Lugués e o Club Cultural Valle-Inclán e no que profesores e investigadores da USC debaterán en relatorios e mesas redondas as causas e posibles mecanismos de prevención e control do lume.
O vindeiro martes 27, celebrarase á mesma hora unha mesa redonda onde se debaterá sobre o control do risco de incendio nos montes galegos e na que participarán os profesores da EPS, Francisco Dans del Valle, María Rosa Mosquera Losada e Ana Daría Ruíz González.

The contents of this page were updated on 03.21.2007.