Skip to main content

Presentación dos dous primeiros volumes da Biblioteca Galega de Onomástica

'Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega' e 'Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). Os nomes masculinos'

A Asociación Galega de Onomástica (AGOn), que ten a súa sede no Instituto da Lingua Galega (Ilga) da USC, presenta este venres, día 23, os dous primeiros volumes da súa Biblioteca Galega de Onomástica. Trátase das Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega, organizado pola AGOn, a RAG e o Ilga, e de Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I Os nomes masculinos, de Xosé Mª Lema Suárez.
Na presentación, que terá lugar ás 11:30 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos), intervirán a directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez; o responsable da Sección de Onomástica da Real Academia Galega, Antón Santamarina; o presidente da Asociación Galega de Onomástica, Gonzalo Navaza; a editora da Actas e membro da AGOn, Luz Méndez; e o propio Xosé Mª Lema.

The contents of this page were updated on 03.22.2007.