Skip to main content

O director da Área TIC da USC participou en Granada nun seminario que analiza a posta en marcha en España de procesos de ensinanza virtual de calidade

O director da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC, Javier Franco Tubío, participou este venres 2 na Universidade de Granada no seminario ‘Avaliación da calidade e acreditación: Como se trata o tema das TIC no ensino universitario?’.
Javier Franco interveu xunto ao coordinador do subgrupo de Traballo de Indicadores TIC da Universidade de Almería, Antonio Fernández, nunha sesión de charla e debate sobre as TIC no ámbito universitario español.
Este seminario enmárcase na fase final do proxecto europeo da convocatoria eLearning MASSIVE, que coordina a Universidade de Granada, e ao longo do que se deseñou e puxo en práctica un modelo metodolóxico de avaliación por pares co obxectivo de ofrecer apoio e asesoramento á posta en práctica do eLearning nas universidades tradicionais do ámbito europeo.
O encontro pretende ser un punto de encontro para aquelas persoas implicadas na posta en marcha de procesos de ensinanza virtual de calidade en España.

The contents of this page were updated on 03.02.2007.