Skip to main content

A Área de Autoemprego do Campus de Lugo organiza unhas xornadas de sensibilización empresarial

A Área de Autoemprego da USC de Lugo organiza para este mes de marzo nas diferentes facultades do campus unhas xornadas de sensibilización empresarial. Pablo Fontela Pereira da Área de Autoemprego da USC será o encargado de visitar os centros e difundir entre os últimos cursos cómo se xeran as ideas empresariais e romper os mitos a través da explicación de vivencias persoais. A primeira das citas terá lugar este martes na Facultade de Relacións Laborais.
O obxectivo destas charlas é incrementar a vocación empresarial traballando coas ferramentas que transforman unha idea nunha empresa con expectativas de futuro.
Estas xornadas están organizadas no marco do Programa Uniemprende da USC que pretende fomentar a creación de novas empresas na comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 03.05.2007.