Skip to main content

Clausura da XII Exposición do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo na sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria

‘Lugo Cultural’, e o grupo cinematográfico ‘Fonmiñá’ son os organizadores da exposición do XII Maratón Fotográfico do Campus que este mércores, día 31, se clausura en Lugo. O acto terá lugar na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria ás 20:30 horas, onde se atopaba a mostra dende o día 8 de xaneiro.
Ao acto, que contará cunha perfomance do grupo de teatro ‘Mosaico’ da USC, asistirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elías J. Torres Feijó; a decana da Facultade de Veterinaria, Ana Bravo del Moral; a concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Concepción Burgo; o xerente da sede da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez Rodríguez; a deputada provincial, Fé Rodríguez Rocha; e o representante do grupo ‘Fonmiñá’, Eduardo Rodríguez Ochoa.
Tras a súa estadía na cidade de Lugo a exposición viaxará a Santiago de Compostela onde se poderá visitar en diferentes centros da Universidade ata o vindeiro 25 de abril.

The contents of this page were updated on 01.30.2007.