Skip to main content

Os conselleiros de Innovación e de Medio Rural xunto co reitor da USC visitan a Aula de Productos Lácteos do Campus de Lugo

Na visita darase conta do novo material de que vai dispor a APL en virtude dun convenio asinado recentemente

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez e o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, visitarán este xoves, día 18, as instalacións da Aula de Produtos Lácteos da USC no Campus de Lugo acompañados polo reitor da USC, Senén Barro, e polo vicerreitor de Coordinación do campus lugués, Carlos Herrero Latorre.
No transcurso desta visita, terá lugar a presentación en roda de prensa do convenio asinado recentemente entre a USC e a Consellaría de Innovación e Industria para a adquisión de material científico e mellorar así as actuais infraestruturas da APL. A presentación desenvolverase a partir das 12:30 horas na Sala de Conferencias da Aula de Produtos Lácteos.

The contents of this page were updated on 01.17.2007.