Skip to main content

O curso de creación musical 'Músicas para a Escola' celebrarase ao longo do mes no Campus de Lugo

As clases do curso ‘Músicas para a Escola’ de creación musical e folclore, dirixidas por Inmaculada Cárdenas e impartidas por Pilar Cabeza, Charo Herrero e Isidoro Rodríguez, celebraranse os días 19, 20, 26 e 27 de xaneiro no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado. O prazo de inscrición permanece aberto dende este luns, día 8.
O curso, recoñecido cun crédito de libre configuración, consta de dúas partes diferenciadas, dedicadas cada unha delas a aspectos diferentes. Unha primeira, impartida polos especialistas en pedagoxía e creación musical, Pilar Cabeza e Charo Herrero, estará dedicada á creación musical, mentres que a segunda, impartida polo investigador Isidoro Rodríguez, dedicarase ao folclore.

The contents of this page were updated on 01.08.2007.