Skip to main content

O presidente do Grupo Compostela de Universidades presenta en Santiago un encontro sobre a muller en investigación e na sociedade

O Foro desenvolverase os días 25 e 26 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Comunicación

O Grupo Compostela de Universidades organiza esta semana en Santiago, entre os días 25 e 26 na Facultade de Ciencias da Comunicación, o Foro Compostela sobre a Muller en Investigación e Sociedade, un encontro no que se analizará o papel da muller no ámbito social e investigador como vía para contribuír á desaparición da desigualdade por cuestións de xénero.
O encontro presentarao en roda de prensa este mércores, día 24, o presidente do Grupo Compostela, Michael Cooper, acompañado do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e da secretaria executiva do Grupo, Beatriz Iglesias. O acto terá lugar ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
A actividade inicial deste foro será a presentación do Grupo Helsinki sobre Mulleres e Ciencia, colectivo constituído pola Comisión Europea en 1999 que foi merecedor, por decisión unánime do xurado, do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia 2006. O Foro Compostela tratará ademais cuestións relacionadas coas boas prácticas para participar no VII Programa Marco, presentándose diversas iniciativas institucionais, relatorios e proxectos relacionados coa muller ou realizados por mulleres, con especial atención á investigación universitaria.

The contents of this page were updated on 01.23.2007.