Skip to main content

O grupo de investigación GIS-T Idega oferta unha bolsa de Formación de Persoal Investigador (FPI)

O grupo de investigación GIS-T Idega da Universidade de Santiago oferta unha bolsa de Formación de Persoal Investigador FPI adscrita ao proxecto de investigación ‘Sociedade da información e desenvolvemento urbano e rexional’ (SINDUR) dirixido polo profesor Carlos Ferrás Sexto. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 6 de febreiro.
A esta convocatoria poderán presentarse aqueles titulados na área de Ciencias Sociais con interese por investigar cuestións relacionadas sobre o impacto territorial, económico e social da Sociedade da Información en Galicia e, de xeito comparativo, noutros casos de ámbito internacional. As bolsas FPI teñen como finalidade principal a formación, en todas as áreas do coñecemento, daqueles titulados superiores universitarios que desexen realizar unha tese de doutoramento.

The contents of this page were updated on 01.24.2007.