Skip to main content

A USC organiza un curso de habilidades sociais de relación, comunicación e traballo en grupo para toda a comunidade universitaria

A Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social organiza no mes de febreiro un curso de habilidades sociais de relación, comunicación e traballo en grupo dirixido a toda a comunidade universitaria.
Nas nove xornadas que dura o curso, os asistentes aprenderán a desenvolver unhas actitudes axeitadas que faciliten as relacións interpersoais no traballo, ademais de mellorar a capacidade de comunicación e de escoita promovendo unha experiencia activa de traballo en grupo que fomente a colaboración fronte á concorrencia facendo así que os grupos sexan máis eficaces.
Impartidas por José Antonio de Prado Díez, as clases terán lugar en horario de mañá na Aula Verde da Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, onde ata o día 26 se pode solicitar a inscrición.

The contents of this page were updated on 01.23.2007.