Skip to main content

A comisión de seguimento do convenio de investigación do Campus de Lugo reúnese este venres na Vicerreitoría

Os resultados en investigación do convenio entre a USC, a Deputación Provincial de Lugo, Caixa Rural, a Confederación Empresarial Lucense e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación analizaranse este venres, día 26, na Vicerreitoría do Campus de Lugo.
A tal fin, os representantes das entidades participantes no convenio sobre investigación para o Campus reuniranse ás 13:00 horas co vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero Latorre, e a vicerreitora adxunta de Investigación e Proxección Exterior, Begoña Barreiro. Na xuntanza realizarán unha análise da captación de fondos en investigación durante o ano 2006 e presentarán a proposta de renovación do mesmo.

The contents of this page were updated on 01.25.2007.