Skip to main content

Presentación da participación da USC nos programas nacionais INGENIO 2010

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presenta este xoves, día 29, ás 12:30 horas no Centro de Estudos Avanzados, a participación da institución compostelá nos programas Consolider, Cenit e Ciber. Á xuntanza asistirá ademais a vicerreitora de Investigación, María José Alonso.
A iniciativa INGENIO 2010 comprende, entre outros, o Programa Cenit, para incrementar a colaboración público-privada; o Programa Consolider, para aumentar a ‘masa crítica’ e a excelencia investigadora; e, dentro deste último, os Proxectos Ciber (Centros de Investigación Biomédica En Rede) de impulso da investigación de excelencia en Biomedicina e Ciencias da Saúde.
Varios grupos de investigación da USC participan nos Programas INGENIO 2010, actuación máis destacada do Plan Nacional de Investigación. En concreto, os investigadores participan en sete proxectos Consolider, seis Cenit e catro Ciber.

The contents of this page were updated on 11.28.2007.