Skip to main content

Presentación do curso 'Plataformas web de software libre para organizacións da sociedade civil'

O Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela presentarán o luns, día 26 de novembro, ás 11:30 horas, o curso ‘Plataformas web de software libre para organizacións da sociedade civil’, que se desenvolverá entre os días 29 de novembro e 1 de decembro nas instalacións do Campus de Lugo e no marco da Ludus Party Net 2007.
A presentación do curso estará a cargo do vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e a concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, no Salón de Plenos da Casa do Concello. O curso constará de nove horas e estará a cargo do profesor da USC Luís Gago.

The contents of this page were updated on 11.23.2007.