O Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal desenvolve reunións científicas con investigadoras de Irlanda e Portugal

O Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Universidade de Santiago promove esta semana un ciclo de reunións científicas con dúas investigadoras de Irlanda e Portugal, Mary O´Sullivan e Teresa Eça.
O primeiro dos encontros tivo lugar este luns na Casa Europa coa profesora da Facultade de Educación da Universidade de Limerick (Irlanda) Mary O´Sullivan, recoñecida investigadora do campo da educación física que foi decana da facultade durante o proceso de adaptación a Bolonia. Na sesión tarde no mesmo lugar manterá unha xuntanza cos investigadores do Departamento.
Pola súa banda, o venres 30 ás 11:00 horas terá lugar a sesión correspondente á área de Didáctica da Expresión Plástica que correrá a cargo da profesora da Universidade portuguesa de Viseu (Portugal), Teresa Eça, representante da INSEA (International Society for Education through Art) en Portugal.
Este ciclo de reunións científicas coordinadas pola profesora Carmen Franco Vázquez enmárcanse no eixo de investigación do plan estratéxico que desenvolve o devandito Departamento.