Skip to main content

Alumnos de tres institutos da provincia de Lugo visitan o Rof Codina e a Aula de Produtos Lácteos esta semana

Varios grupos de alumnos de Educación Secundaria de tres centros de ensino da provincia visitarán esta semana as instalacións dos centros de investigación do Campus de Lugo co obxectivo de que coñezan as actividades e servizos que se ofrecen en lugares como o Hospital Veterinario Rof Codina e a Aula de Produtos Lácteos.
A primeira destas visitas terá lugar este martes, día 13, ás 12:30 horas, na Aula de Produtos Lácteos, na que participarán estudantes do IES A Pinguela, de Monforte. O CPI de Castroverde visitará o xoves, día 15, o Hospital Veterinario Rof Codina (ás 10:30 horas) e a Aula de Produtos Lácteos (11:45). Finalmente, alumnos do IES Virxe dos Ollos Grandes de Lugo estarán o venres, a partir das 10:30 horas no Rof Codina.
No complexo veterinario os rapaces, que teñen idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos, coñecerán as labores que se desenvolven tanto nos laboratorios deste centro en materia de investigación, como as prácticas que se seguen no quirófano. Tamén darán unha volta polo resto das instalacións.
Na Aula de Produtos Lácteos os alumnos farán un percorrido pola Planta Piloto integrada neste centro. Nela reprodúcense a pequena escala os procesos máis representativos da industria láctea.

The contents of this page were updated on 11.12.2007.