Skip to main content

A ecodiversidade, tema da mostra de fotografía que abriu no centro CACTUS de Lugo

A mostra permanecerá aberta dúas semanas
A mostra permanecerá aberta dúas semanas

‘Ecodiversidade: Imaxes naturais de Galicia’ é o título da nova exposición fotográfica que pode visitarse dende este luns e durante as próximas dúas semanas no edificio CACTUS do Campus de Lugo.
Esta mostra, composta por 20 fotografías, pretende achegar ao público unha visión da biodiversidade en Galicia mediante fotografías que recollen ecosistemas autóctonos. Os traballos que se presentan ao público ofrecen imaxes das distintas paisaxes naturais, dende as montañas dos Ancares e a Serra do Courel ata a costa galega, con claros exemplos de botánica e fauna galega.
O obxectivo da mesma é mostrar a riqueza natural de Galicia dende unha perspectiva científica, así como nalgúns casos, facer unha denuncia sobre o trato que reciben algunhas das zonas.
A mostra está situada no vestíbulo da área de laboratorios e o seu horario de visita, libre e gratuíta, é de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.
Os autores destas fotografías son Eduardo Ochoa, Luís Engroba, Valentín Roldán, Xerardo Méndez, Federico García, José Manuel Guisasola e José Manuel Otero.

The contents of this page were updated on 11.12.2007.