Skip to main content

A oitava edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC repartirá este ano cinco premios de 600 euros entre os emprendedores cunha idea innovadora

Os emprendedores universitarios cunha idea innovadora susceptible de converterse nun proxecto empresarial a curto e medio prazo teñen unha nova oportunidade de ver impulsado o seu proxecto a través da oitava edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC. Nesta ocasión outorgaranse un total de cinco premios de 600 euros.
A convocatoria está aberta a todos os membros da comunidade universitaria galega, con independencia da área de coñecemento á que estean vinculados. Para participar, a inscrición deberá formalizarse antes das 14:00 horas do día 30 de novembro de xeito telemático cumprimentado o formulario que aparece na páxina web do programa Uniemprende (http://www.uniemprende.es). Tamén se poderán formalizar a inscrición entregando o citado formulario nos rexistros do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía ou da Reitoría de Compostela ou no rexistro dos Servizos Centrais do Campus de Lugo.
O xurado, que estará composto por representantes da USC e das entidades colaboradoras, valorarán as propostas presentadas a concurso atendendo á viabilidade e ao carácter innovador da idea, ao seu grao de madurez e que teña en conta as políticas de igualdade.

The contents of this page were updated on 11.13.2007.