Skip to main content

A Cátedra Fundación Caixa Galicia de Economía e Finanzas analiza nunha conferencia a desigualdade global

Coa intervención de Branko Milanovic, economista do Banco Mundial

O prestixioso economista do Banco Mundial Branko Milanovic impartirá este luns, día 26, ás 20:15 horas na Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, a conferencia 'Que é a desigualdade global e por que é relevante’, nunha actividade desenvolvida pola Cátedra Fundación Caixa Galicia de Economía e Finanzas e a Universidade de Santiago.
Branko Milanovic traballou anteriormente para o Banco Mundial en Polonia e como investigador no Instituto de Ciencias Económicas de Belgrado, (Iugoslavia). Ao longo da súa vida profesional, centrou as súas investigacións no estudo da globalización e a distribución mundial dos ingresos, así como na interacción entre políticas, reformas e desigualdade en países en transición.
A Cátedra Fundación Caixa Galicia de Economía e Finanzas xurdiu como espazo para o debate e a análise de cuestións e problemas relevantes no ámbito da economía e as finanzas, con especial énfase naqueles temas que sexan de particular relevancia para Galicia. O seu programa de actividades pretende fomentar a colaboración na promoción de actividades investigadoras no campo da economía e as finanzas, participar no respaldo de actividades docentes nos programas de posgrao e doutoramento e fomentar a colaboración entre investigadores e profesores de recoñecido prestixio internacional con profesores e investigadores da USC.

The contents of this page were updated on 11.23.2007.